Friday 10 de May de 2024

A praza do Concello de Lousame acolle este domingo “Titiricircus”, un espectáculo familiar de monicreques de Tanxarina Teatro


A praza do Concello de Lousame acollerá este domingo 13 de setembro, ás 19:00 horas, a posta en escena de “Titiricircus”, un espectáculo familiar de monicreques de Tanxarina Teatro. Unha iniciativa gratuíta organizada polo Concello de Lousame, en colaboración coa Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia.
“Titiricircus” é a obra máis representativa de Tanxarina Teatro, con máis de 1.200 representacións ás súas costas. Durante unha hora, Eduardo Rodríguez e Miguel Borines poranse na pel de dous vellos traballadores do circo que lembran, a través de monicreques con fíos, as glorias do seu pasado na pista. Unhas lembranzas durante as que manterán un permanente xogo participativo co público lousamiá.
A actuación terá lugar seguindo todos os protocolos de seguridade sinalados polas autoridades sanitarias, mantendo a distancia de seguridade entre os asistentes, que deberán asistir provistos das correspondentes máscaras.